Un Nadal en Burela
O 25 de decembro de xa hai moitos anos, na Vila de Burela,concretamente na Praia de Ril sucedeu algo máxico.
Eran as 12:00 do mediodía,e todos os habitantes da vila preparábanse para a noite de Nadal, todos estaban moi atarefados. Os nenos esperaban con gran ilusión a chegada de alguén moi especial, Papá Noel, que, como cada ano, traería aos nenos bos moitos agasallos, mentres que os que se portaran mal durante o ano recibirían unha gran desilusión atopando carbón baixo a súa árbore de Nadal.
Cando chegaron as 11:00 da noite todos estaban xa nas súas respectivas casas cos seus familiares e amigos saboreando os suculentos manxares do día de Nadal. Papá Noel xa estaba de camiño á vila, viña acompañado de Rudolf, por suposto, que guiaba os demais renos co seu nariz vermello. Pero tiveron un pequeno problema: o nariz de Rudolf apagouse e non sabían que camiño tomar porque non se vía nada. Decidiron parar para solucionar o problema pero de súpeto un gran soplo de aire arrastrou a Papá Noel, xunto cos renos e o trineo facéndolles caer.
De alí a un pouco déronse conta de que caeran sobre unha gran rocha,que casualmente tiña a forma dunha balea. Sentiron como se os seus corpos estiveran en contacto con algo parecido a area. Pero, non, aquilo non era area, aquel lugar estaba cheo de pequenas pedriñas, pero máis grandes ca area. A Papá Noel doíalle moito a cabeza, froito do golpe que levara, non sabía onde estaban pero notaba que cada pasiño que daba o achegaba a algo que o refrescaba. Sen darse conta, foise adentrando na auga e nela sentíase ben. Polas pedriñas, pola auga, pensou que podían estar nunha praia, pero non o tiña nada seguro.
Cando empezou a encontrarse mellor, colleu a Rudolf e xa viu que a bombilla que levaba no nariz como guía estaba fundida. Papá Noel montou sobre outro dos seus renos máis fortes e adentrouse na vila. Nun letreiro puido ler “Ferretería O Puente”. Coa súa maxia entrou e, sixilosamente, deu co estante das bombillas e colleu unha. Era por unha boa causa! Volveron á praia e colocoulle a nova bombilla ao seu querido reno.
Problema arranxado! Montou no trineo e púxose en camiño ata o centro da vila, pasou por todas e cada unha das casas nas que os nenos se portaran ben, repartiu toda clase de: bonecas, estoxos de maquillaxe, peines e disfraces de fadas para as nenas; soldados de xoguete, coches, consolas e balóns para os nenos.
Percorreu todas as rúas coñecidas: a rúa Rosalía de Castro, Pardo Bazán, a rúa do Río, a do Can,...
E en todas as casas comeu: galletas, polvoróns, etc….. ata que quedou farto. E, así, marchou encantado do lugar e das xentes de Burela.
Leticia De Pedro Martínez
1º ESO A
2º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.