Proxecto

A PAISAXE DE BURELA, PROTAGONISTA INTERDISCIPLINAR NO I.E.S. PERDOURO

“Doce meses, doce paisaxes” é o proxecto interdisciplinar que, conxuntamente, alumnado e profesorado de 1º de E.S.O. do I.E.S. Perdouro desenvolverán ao longo do curso 2012-2013.

Enmarcada no Plan Proxecta que a Consellería de Educación deseñou en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, esta iniciativa ten como obxectivo principal que a comunidade educativa reflexione -dun xeito interdisciplinar- sobre a realidade paisaxística coa que convivimos.

Como medida de apoio ao traballo realizado nas aulas ordinarias, a coordinadora do Plan Proxecta -a profesora María José Andión Fontela- programará un conxunto de tres sesións extraordinarias nas que participarán persoas moi coñecedoras do espazo xeográfico de Burela.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.