01/06/2013

RIL E A SÚA “BALEA”

RIL E A SÚA “BALEA”

Raúl era un neno valente, listo, alto, delgado e tiña sete anos. Pasaba os veráns nunha pequena casa en Burela, un pobo pequeno da provincia de Lugo. Alí el bañábase todos os veráns na mesma praia, na acolledora praia de Ril. Nela hai moitísimas rochas, a súa area é de minúsculas pedras. De entre todas esas pedras que a forman hai unha que sobresae por encima das demais: a chamada “balea”. É moi grande, e parécese a unha balea, de aí o seu nome. Moita xente se tira dende ela, é moi coñecida polos nenos grandes, pequenos, adultos, adolescentes, incluso señores maiores saltan dende a “balea”. Pero Raúl non era tan valente. Como viu que todos se tiraban dende alí, el mudou de praia, dáballe vergoña ser o único que non se tiraba da pedra. Pero o seu amigo díxolle que non se rendera, que non pasaba nada por iso. E convenceuno para que non cambiase de praia. Deuse conta de que non era para tanto. E un día que non había ninguén subiuse a ela. Tiña pánico, non sabía se quedarse alí ou baixar. O seu amigo deulle azos e el retrocedeu, pensouno, escoitouse a si mesmo, saltou, tirouse, sentiu que voaba e, cando chegou, deuse un “pranchazo”. Pero a el deulle igual, encantoulle, dende aquel momento estaba sempre saltando dende a “balea”, non paraba. Ata que súa nadre lle dixo que era hora de irse para a casa. Ía todos os días de todos os veráns a ela, porque lle encantaba Ril e a súa “balea”.

Mirella Ramos Vázquez
1º ESO B
1º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.