2º Premio no Concurso da A. C. “Os Matos” - Categoría 2º ciclo
A VIDA DUN CABALO
Nacín unha noite de marzo nun monte da Serra do Xistral onde ía moito frío. Nacín de pé e ao pouco tempo xa estaba trotando ao carón da miña nai para que os animais salvaxes non nos colleran.
Aos poucos meses de nacer os meus donos colléronme xunto coa miña nai e outras cantas eguas e poldros. Leváronnos para un curro onde nos cortaron as crinas e nos marcaron a fogo para poder recoñecernos. Tamén nos puxeron unhas chapas para poder identificarnos. Agora teño dous anos e ando a galopar por montes, camiños e estradas que alteran a paisaxe do meu fogar. Ás veces véñenme ver os meus donos e tráenme pan ou un pouco de palla e unha vez ao ano xúntannos a todos para cortarnos as crinas e o rabo e para marcar os poldros novos igual que fixeron comigo do seu tempo.
Ao rematar o outono e empezar o inverno métennos nun pasto onde soe haber comida e auga en cantidade pero moi pouco abrigo. Cada vez hai máis perigos xa que a cantidade de lobos aumentou bastante nos últimos anos e cada vez redúcennos máis o terreo aberto para poder escapar. Ultimamente non hai poldros novos xa que os matan todos os lobos pero os de Medio Ambiente non deixan matar os lobos e dese xeito seguen a aumentar, o cal non só nos prexudica a nós senón que tamén prexudica a outras especies.
Alejandro Ramil García
3º PDC
2º Premio Categoría 2º Ciclo ESO
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.