14/10/2013
20/06/2013
I Xuntanza de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe - Pontevedra
Unha delegación de 10 alumnos de 1º de ESO viaxaron ata Pontevedra (19 de xuño) para participar na I Xuntanza Ibérica pola Sostibilidade e a Paisaxe. Foi unha xornada densa en actividades, Obradoiros, debates, retos, xogos, teatro, feria de mostra e exhibicións.
Mª José Andión foi quen coordinou o proxecto interdisciplinar "Doce meses, moitas paisaxes" que resultou premiado polo Instituto de Estudos do Territorio (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).
Un total de 200 alumnos e 30 profesores de primaria e secundaria de 41 centros educativos de Galicia, Canarias, A Rioxa, Cataluña, País Vasco e Albacete.
Un total de 200 alumnos e 30 profesores de primaria e secundaria de 41 centros educativos de Galicia, Canarias, A Rioxa, Cataluña, País Vasco e Albacete.
11/06/2013
Delegación no I Encontro Ibérico de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe.
A delegación formada por Alba Carreiras Cabarcos, Leticia de Pedro
Martínez, Alejandro Esquerdeiro Cabarcos, Clara Iglesias Fernández, Ana
Liñán Rabost, Jorge Méndez Insua, Iria Fernández Rubal, Antía López
Galdo, Luis Miguel Nieto Fraga, Andrés Pernas Maseda e acompañada pola Vicedirectora, Karina Parga Chao, e pola profesora do Proxecto Interdisciplinar, Mª José Andión Fontela, representará o IES Perdouro o vindeiro día 19 de xuño en Pontevedra no I Encontro Ibérico de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe.
10/06/2013
I Encontro Ibérico de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe
Traballo recompensado do alumnado de 1º de ESO.
O IES Perdouro foi premiado cun dos mellores proxectos do Plan Proxecta, recoñecéndolle o seu bo facer e resultados acadados.
Estes premios, convocados conxuntamente polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, están orientados aos 82 centros escolares participantes nos programas “Axenda 21 Escolar de Galicia” , “Climántica” e “12 Meses 12 Paisaxes”.
No marco do seu proxecto "Doce Meses - Moitas Paisaxes", un grupo de 10 alumnos de 1º de ESO liderado pola súa profesora do Proxecto Interdisciplinar, Mª José Andión, representará o centro escolar no I Encontro Ibérico de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe, xuntanza que terá lugar o vindeiro mércores, día 19 de xuño, en Pontevedra. Participarán 200 xóvenes de Galicia, Portugal e Outras Comunidades Autónomas que participan en ESenRED (Rede de Redes de Centros Educactivos pola Sostibilidade).
Dende Galicia participará alumnado dos mellores proxectos dos programas “12 Meses 12 Paisaxes”, “Climántica” e “Axenda 21 Escolar de Galicia” presentados ao concurso do Instituto de Estudos do Territorio.
Trátase dunha xornada de intercambio de experiencias e de elaboración de compromisos de retos e accións a realizar nas aulas durante un curso escolar. Reforzar a cultura de sostibilidade nos centros educativos é o principal motivo da xornada.
Haberá unha programación en paralelo para alumnado de primaria, secundaria e profesorado. Realizarase no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O IES Perdouro foi premiado cun dos mellores proxectos do Plan Proxecta, recoñecéndolle o seu bo facer e resultados acadados.
Estes premios, convocados conxuntamente polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, están orientados aos 82 centros escolares participantes nos programas “Axenda 21 Escolar de Galicia” , “Climántica” e “12 Meses 12 Paisaxes”.
No marco do seu proxecto "Doce Meses - Moitas Paisaxes", un grupo de 10 alumnos de 1º de ESO liderado pola súa profesora do Proxecto Interdisciplinar, Mª José Andión, representará o centro escolar no I Encontro Ibérico de Xóvenes pola Sostibilidade e a Paisaxe, xuntanza que terá lugar o vindeiro mércores, día 19 de xuño, en Pontevedra. Participarán 200 xóvenes de Galicia, Portugal e Outras Comunidades Autónomas que participan en ESenRED (Rede de Redes de Centros Educactivos pola Sostibilidade).
Dende Galicia participará alumnado dos mellores proxectos dos programas “12 Meses 12 Paisaxes”, “Climántica” e “Axenda 21 Escolar de Galicia” presentados ao concurso do Instituto de Estudos do Territorio.
Trátase dunha xornada de intercambio de experiencias e de elaboración de compromisos de retos e accións a realizar nas aulas durante un curso escolar. Reforzar a cultura de sostibilidade nos centros educativos é o principal motivo da xornada.
Haberá unha programación en paralelo para alumnado de primaria, secundaria e profesorado. Realizarase no Pazo da Cultura de Pontevedra.
06/06/2013
02/06/2013
01/06/2013
RIL E A SÚA “BALEA”
RIL E A SÚA “BALEA”
Raúl era un neno valente, listo, alto, delgado e tiña sete anos. Pasaba os veráns nunha pequena casa en Burela, un pobo pequeno da provincia de Lugo. Alí el bañábase todos os veráns na mesma praia, na acolledora praia de Ril. Nela hai moitísimas rochas, a súa area é de minúsculas pedras. De entre todas esas pedras que a forman hai unha que sobresae por encima das demais: a chamada “balea”. É moi grande, e parécese a unha balea, de aí o seu nome. Moita xente se tira dende ela, é moi coñecida polos nenos grandes, pequenos, adultos, adolescentes, incluso señores maiores saltan dende a “balea”. Pero Raúl non era tan valente. Como viu que todos se tiraban dende alí, el mudou de praia, dáballe vergoña ser o único que non se tiraba da pedra. Pero o seu amigo díxolle que non se rendera, que non pasaba nada por iso. E convenceuno para que non cambiase de praia. Deuse conta de que non era para tanto. E un día que non había ninguén subiuse a ela. Tiña pánico, non sabía se quedarse alí ou baixar. O seu amigo deulle azos e el retrocedeu, pensouno, escoitouse a si mesmo, saltou, tirouse, sentiu que voaba e, cando chegou, deuse un “pranchazo”. Pero a el deulle igual, encantoulle, dende aquel momento estaba sempre saltando dende a “balea”, non paraba. Ata que súa nadre lle dixo que era hora de irse para a casa. Ía todos os días de todos os veráns a ela, porque lle encantaba Ril e a súa “balea”.
Mirella Ramos Vázquez
1º ESO B
1º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO
UN NADAL EN BURELA
Un Nadal en Burela
O 25 de decembro de xa hai moitos anos, na Vila de Burela,concretamente na Praia de Ril sucedeu algo máxico.
Eran as 12:00 do mediodía,e todos os habitantes da vila preparábanse para a noite de Nadal, todos estaban moi atarefados. Os nenos esperaban con gran ilusión a chegada de alguén moi especial, Papá Noel, que, como cada ano, traería aos nenos bos moitos agasallos, mentres que os que se portaran mal durante o ano recibirían unha gran desilusión atopando carbón baixo a súa árbore de Nadal.
Cando chegaron as 11:00 da noite todos estaban xa nas súas respectivas casas cos seus familiares e amigos saboreando os suculentos manxares do día de Nadal. Papá Noel xa estaba de camiño á vila, viña acompañado de Rudolf, por suposto, que guiaba os demais renos co seu nariz vermello. Pero tiveron un pequeno problema: o nariz de Rudolf apagouse e non sabían que camiño tomar porque non se vía nada. Decidiron parar para solucionar o problema pero de súpeto un gran soplo de aire arrastrou a Papá Noel, xunto cos renos e o trineo facéndolles caer.
De alí a un pouco déronse conta de que caeran sobre unha gran rocha,que casualmente tiña a forma dunha balea. Sentiron como se os seus corpos estiveran en contacto con algo parecido a area. Pero, non, aquilo non era area, aquel lugar estaba cheo de pequenas pedriñas, pero máis grandes ca area. A Papá Noel doíalle moito a cabeza, froito do golpe que levara, non sabía onde estaban pero notaba que cada pasiño que daba o achegaba a algo que o refrescaba. Sen darse conta, foise adentrando na auga e nela sentíase ben. Polas pedriñas, pola auga, pensou que podían estar nunha praia, pero non o tiña nada seguro.
Cando empezou a encontrarse mellor, colleu a Rudolf e xa viu que a bombilla que levaba no nariz como guía estaba fundida. Papá Noel montou sobre outro dos seus renos máis fortes e adentrouse na vila. Nun letreiro puido ler “Ferretería O Puente”. Coa súa maxia entrou e, sixilosamente, deu co estante das bombillas e colleu unha. Era por unha boa causa! Volveron á praia e colocoulle a nova bombilla ao seu querido reno.
Problema arranxado! Montou no trineo e púxose en camiño ata o centro da vila, pasou por todas e cada unha das casas nas que os nenos se portaran ben, repartiu toda clase de: bonecas, estoxos de maquillaxe, peines e disfraces de fadas para as nenas; soldados de xoguete, coches, consolas e balóns para os nenos.
Percorreu todas as rúas coñecidas: a rúa Rosalía de Castro, Pardo Bazán, a rúa do Río, a do Can,...
E en todas as casas comeu: galletas, polvoróns, etc….. ata que quedou farto. E, así, marchou encantado do lugar e das xentes de Burela.
Leticia De Pedro Martínez
1º ESO A
2º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
ESTAMPA MOSCOVITA
ESTAMPA MOSCOVITA
Un día na invernal Rusia, ía eu camiñando, pensando nas miñas cousas, cando sen darme conta, acabei na outra punta da cidade, concretamente nun dos barrios marxinais da urbe. Alí vin a uns cativos xogando coa neve moi felices, nun parque no cal as atraccións estaban enferruxadas, con pintadas ou simplemente non se podian utilizar porque estaban avariadas.
Eu, mirando para eles, non me decatara de que unha fría bóla de neve viña cara á miña testa. Non me esperaba esa bóla tan fría e dura, a verdade.... Mirei para atrás para poder ver quen ma lanzara e fora un cativo pequeno que agora se escondía morto da vergoña. Achegueime para velo e tiña as meixelas vermellas. Non sei se foi culpa do frío ou da vergoña. Era baixo, un pouco cabezudo; tiña o pelo loiro e curto, os ollos castaños e o nariz respingón. Dixenlle que non pasaba nada e que podía seguir xogando. No retorno ao fogar fixeime nesa zona da cidade, para min até agora descoñecida: unha estación ferroviaria vella chea de pintadas e pola que rara vez pasaba algún tren, unhas casas decrépitas coas ventás tapiadas con táboas de madeira podre por culpa das xeadas, algún que outro sen-teito morrendo de frío buscando un acubillo para a invernal noite.... Era, sen dúbida, unha paisaxe dura de ver.
Saín dese barrio e o contraste era tremendo. Nunca antes me dera conta. Parques perfectamente coidados, edificios novos. Todo impoluto. Semellaba ser perfecta Moscova, pero non o era.
Víctor Cabarcos Val
3º PDC
1º premio de relato no Concurso da A. C. “Os Matos”
Catergoría 2º ciclo
A VIDA DUN CABALO
2º Premio no Concurso da A. C. “Os Matos” - Categoría 2º ciclo
A VIDA DUN CABALO
Nacín unha noite de marzo nun monte da Serra do Xistral onde ía moito frío. Nacín de pé e ao pouco tempo xa estaba trotando ao carón da miña nai para que os animais salvaxes non nos colleran.
Aos poucos meses de nacer os meus donos colléronme xunto coa miña nai e outras cantas eguas e poldros. Leváronnos para un curro onde nos cortaron as crinas e nos marcaron a fogo para poder recoñecernos. Tamén nos puxeron unhas chapas para poder identificarnos. Agora teño dous anos e ando a galopar por montes, camiños e estradas que alteran a paisaxe do meu fogar. Ás veces véñenme ver os meus donos e tráenme pan ou un pouco de palla e unha vez ao ano xúntannos a todos para cortarnos as crinas e o rabo e para marcar os poldros novos igual que fixeron comigo do seu tempo.
Ao rematar o outono e empezar o inverno métennos nun pasto onde soe haber comida e auga en cantidade pero moi pouco abrigo. Cada vez hai máis perigos xa que a cantidade de lobos aumentou bastante nos últimos anos e cada vez redúcennos máis o terreo aberto para poder escapar. Ultimamente non hai poldros novos xa que os matan todos os lobos pero os de Medio Ambiente non deixan matar os lobos e dese xeito seguen a aumentar, o cal non só nos prexudica a nós senón que tamén prexudica a outras especies.
Alejandro Ramil García
3º PDC
2º Premio Categoría 2º Ciclo ESO
31/05/2013
29/05/2013
Concurso de debuxo dos Matos
Concurso de debuxo "12 meses 12 paisaxes"
- 1º PREMIO:"Setembro" de Clara Iglesias Fernández (1º ESO)
- 2º PREMIO:"Collage Mar e Faro de Burela" de Itziar García Cruz (1º ESO)
22/05/2013
GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATO CURTO "DOCE MESES, MOITAS PAISAXES"
No concurso de relato curto e debuxo convocado pola Asociación Cultural "Os Matos" resultaron gañadores os seguintes traballos:
Relato curto:
- 1º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
- 2º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
- 1º PREMIO CATEGORÍA 2º CICLO ESO:
- 2º PREMIO CATEGORÍA 2º CICLO ESO:
Debuxo:
- 1º PREMIO:
- 2º PREMIO:
24/04/2013
Collages e debuxos 12 meses 12 paisaxes
Resultado das interpretacións dos doces meses do ano e da nosa paisaxe.
28/03/2013
18/03/2013
Burela en cómic
Nubesol
A pantasma
As carrozas
A máquina do tempo
A formiga Valentina
Un lío castrexo
Atracción infernal
Tsunami en Burela
A Estrela de Mar
O tesouro
Unha caída moi interesante
Lazarillo de Burela
O segredo do Mar de Burela
A pantasma
A estafa dos Peixes
As carrozas
A máquina do tempo
A formiga Valentina
Un lío castrexo
Atracción infernal
Tsunami en Burela
A Estrela de Mar
O tesouro
Unha caída moi interesante
Lazarillo de Burela
O segredo do Mar de Burela
18/02/2013
12/02/2013
En clase de debuxo
Cristina Durán, profesora de Artes plásticas, está traballando cos alumnos de 1º de ESO a técnica do collage para ilustrar os lugares máis emblemáticos da nosa paisaxe de Burela. En breve poderemos ver o resultado. Estade atentos!!!
22/01/2013
BURELA NAS POSTAIS DE NADAL
A paisaxe de Burela foi a protagonista das postais de Nadal que o noso alumnado de 1º de E.S.O. fixo o pasado mes de decembro. TODA UNHA MOSTRA DE GRAN CREATIVIDADE...!
Subscrever:
Mensagens (Atom)